Grego II. Os materiais


Nesta páxina atoparás os enlaces aos materiais do curso de Grego II. Todos eles están tamén na pestana do Arquivo, pero non se amosan clasificados ou organizados dalgún xeito, senón que habería que "bucear" na súa busca. 

A seguir irá aparecendo un listado dos materiais da materia cos seus enlaces, de modo que sexa máis doado localizalos, xa que aparecerán clasificados tematicamente.

 

EXAMES PAU

Imos ver neste apartado uns materiais semellantes, pero que teñen claras diferenzas entre eles. 

Por un lado, veremos o Modelo de Exame que o Grupo de Traballo de Grego envía cada ano para que o alumnado teña unha idea clara cando se teña en enfrontar ao exame PAU. Relacionado con este, tamén revisaremos os exames PAU que se teñan realizado en anos anteriores.

Por outro, iremos aproveitando os exames previos á PAU, isto é, os que recibiron a denominación de PAAU ou ABAU. Se ben os formatos dos exames son moi distintos, as materias son as mesmas, e poderemos aproveitalos para traballar os textos, as preguntas de literatura ou as de etimoloxía.

Aquí están os distintos enlaces:

 

 

TEXTOS

  • Materiais para a PAU: Grego II (1. Xenofonte) 
Estes son os textos que marca o Grupo de Traballo de Grego para preparar a PAU. 
Son un conxunto de 12 textos da Anábase, a obra de Xenofonte que narra a denominada "Expedición dos 10.000", os mercenarios gregos que secundaron o intento de Ciro o Mozo de destronar a seu irmán Artaxerxes. 
Iremos traballándoos en clase mediante a súa tradución e análise morfosintáctica.
Este é o enlace:
 
  •  Materiais para a PAU: Grego II (2. Apolodoro)
Aquí están os outros textos que teremos que traballar de modo obrigatorio segundo marca o Grupo de Traballo de Grego para a PAU. 
Son 12 textos tirados da súa obra Biblioteca, tamén chamada Biblioteca mitolóxica, xa que ese é o seu contido: un conxunto de relatos sobre as xenealoxías míticas e os feitos dos heroes e heroínas. 
En clase serán traducidos e analizados morfosintacticamente.  
Velaquí o seu enlace:  
 
 
 
 
CUESTIÓNS GRAMATICAIS
 
 
ETIMOLOXÍAS 
 
O Grupo de Traballo sinalou nas súas Instrucións para a PAU que é preciso dominar un conxunto de 150 étimos gregos que teñen presenza no noso idioma en forma de raíces cultas para a composición léxica. 
Para facilitar o seu estudo, dividiremos o listado en 3 partes (unha por avaliación).
Aquí tedes os enlaces: 
 
 
 
 
 
LITERATURA E LECTURAS 
 
 
 
 
OUTROS MATERIAIS
 
  
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.